Puntuación: 1.7/5 (65 votos)
O asasinato en 1888 do cura de Santa Cruz do Valadouro e os seus tres criados, coa intención de roubarlles o diñeiro que había na casa rectoral, foi no seu tempo un caso soado en Galicia enteira, e ata sobrepasou as fronteiras da nosa terra, como amosan o interese dos xornais madrileños polo caso.
O tempo, máis de 115 anos, non fixo esquecer o caso, especialmente no Valadouro, onde aconteceron os feitos, tampouco na Pastoriza, de onde eran orixinarios tanto os mortos coma os asasinos, nin en Mondoñedo, onde se xulgou e condenou a morte no garrote ós seis asasinos e onde un deles foi axustizado, mentres os cinco restantes viron como se conmutaba a sentencia pola de cadea perpetua.
Como se indica na introducción, este caso é xa un mito para moitos dos habitantes do Valadouro.
Neste libro bótase luz sobre o acontecido na rectoral de Santa Cruz o 22 de novembro de 1888, a investigación do caso, a detención dos asasinos, o xuízo e condena dos mesmos. Tamén se da conta do interese que o caso provocou nos xornais galegos e na mesma sociedade, oposta á pena de morte imposta ós asasinos. Relátase cómo se buscou o indulto dos acusados, como chegou o de cinco no último minuto e como so un dos asasinos tivo que enfrontarse ó verdugo, pagando o crime cometido no garrote.
[Contracapa do libro]