Puntuación: 1.9/5 (83 votos)
Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está a piques de declararse unha guerra terrible. Uns sinistros personaxes, os terribles elfos da noite e os demos do príncipe Beleth, están dispostos a matar para facerse co control do reino. Diante da ameaza, Pyrgus vese obrigado a fuxir ao mundo dos humanos para salvar a vida. Mais os seus malvados inimigos sabotean o portal máxico que debía trasladalo e non aparece onde estaba previsto senón no xardín do señor Fogarty, un vello excéntrico e tronado. Cando os dous mundos se atopan, o universo enteiro se transformará. Coa axuda da súa irmá, a princesa Holly Blue, e do seu xove amigo humano, Henry, Pyrgus deberá volver a casa para liberar o seu reino das forzas do mal. Será quen de conseguilo?
“O portal dos elfos” de Herbie Brennan é unha trepidante novela que propón vivir unha aventura excitante, chea de acción, maxia, intriga, ciencia e fantasía que o lector non quere que remate nunca. Elixido nos Estados Unidos en 2004 como o “mellor libro para xoves” e xa traducido a vinte linguas, O portal dos elfos é a primeira parte dunha triloxía, á que segue “The purple emperor”, que publicará Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Fóra de Xogo.
[Presentación editorial]