Puntuación: 1.8/5 (76 votos)
Para comprender e explicar os fenómenos que a xenética de poboacións descobre, ternos que acudir ás ciencias que describen e estudan os pobos do mundo. Son, no seu conxunto, ciencias de carácter histórico que describen os pobos a través de calquera das súas manifestacións: as súas linguas, os seus restos materiais, os seus hábi- tos e modos organizativos, etc.
Os xenetistas non estudan os fenómenos xenéticos dun pobo que foi, senón dun pobo que é. Estudan a poboación que hoxe atopamos en Noia, en Galicia, en España ou no mundo enteiro. Esta distancia xenética entre o que foi e o que é correspóndese perfectamente coa distancia histórica. A cues- tión exprésase claramente na seguinte contraposición: é un pobo un punto de partida ou un punto de chegada?
Os pobos son un resultado da historia, da súa propia historia. Coa excepción daqueles que se mantiveron totalmente illados, foron construíndose a sí mesmos nun proceso que non ten fin, extraordinariamente complexo; non só conta o obxectivo, real-práctico, senón tarnén a consciencia, as conviccións.
[Contracapa do libro]