Puntuación: 2.5/5 (79 votos)
No ano 1951 ou 52 ou 53, como moito en 1956, vivía en Madrid unha familia composta por un pai e un fillo. Vivían nun barrio que miraba ao oeste, nunha rúa que se chamaba Mediodía Grande. A súa casa era o derradeiro piso... Ata o horizonte, ata no solpor, ata nas mesmas nubes, había tellados.
-Ves Pucho, cantos tellados? Seica é o campo -dicía o pai cando saían...
Un libro especial, para tod@s. Un libro para sempre...
Manuel Janeiro crea un texto delicioso e entrañable, con descripcións precisas e evocadoras. Paisaxes, emoción sentimentos e situacións xurden na imaxinación do lector grazas sensibilidade coa que o autor desgrana a vida do protagonista, víctima dun dos episodios -a dictadura- máis desgarradores da nosa historia.
As ilustracións de Juan Ramón Alonso transpórtannos ao Madrid dos anos 50 e preséntannos a Pucho risoño e inocente. O artista combina os seus debuxos a lapis con fotografías reais dos espazos nos que se ambienta a historia. O resultado é un traballo creativo sinxelo e elegante, en consonancia coa calidade da obra literaria.
[Presentación editorial]