Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O músico Pablo Carpintero cédelle ao Arquivo Sonoro de Galicia a principal colección de música instrumental tradicional do país
O músico Pablo Carpintero cédelle ao Arquivo Sonoro de Galicia a principal colección de música instrumental tradicional do país
abril 14, 2005
Trescentas vinte e cinco horas de gravacións sonoras de gaiteiros e de cantos de reis, maioritariamente instrumentais. Esta é a extensión da colección que o músico Pablo Carpentero cedía onte ao Arquivo Sonoro de Galicia nun acto no que tamén estiveron presentes o coordinador deste organismo, Rodrigo Romaní e o xerente do Consello da Cultura Galega, Antonio Montero. Esta colección, produto dun longo traballo de recolleita por toda a xeografía do país, está considerada como a máis importantes de música instrumental de raíz, e foi xa catalogada polo propio músico. O Arquivo Sonoro iniciará agora os traballos de dixitalización deste material, que se agarda estean rematados no prazo dun ano.
Máis información no web do Consello da Cultura
Tamén che pode interesar:
- 18/ 7/ 2024 | O Arquivo Sonoro de Galicia recupera unha conferencia sobre as orixes do coralismo en Galicia
- 21/ 5/ 2024 | De Bartók a Groba
- 10/ 4/ 2024 | O Arquivo Sonoro de Galicia amosa a riqueza dos seus fondos nunha xornada
- 20/ 2/ 2023 | O enigma da Alborada de Rosalía de Castro
- 21/ 10/ 2021 | Pablo Barreiro recibirá o Premio de honra dos Martín Códax