A flor máis grande do mundo, de Continental e dixirida por Juan Pablo Etcheverry, e O bufón e a infanta, que dirixiu Juan Galiñanes para Dygra Films, son as dúas producións galegas que acaban de ser seleccionadas pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España como candidatas ao Premios Goya na categoría de curtametraxes. Co cambio de sistema deste ano, os gañadores saberanse o vindeiro 17 de decembro, no momento no que se farán públicos os finalistas no resto de candidaturas.
Máis información en La Opinión; as nosas fichas sobre O bufón e a infanta e A flor máis grande do mundo e sobre os premios Goya na nosa hemeroteca