Galicia quere protexer xuridicamente a súa paisaxe. E o primeiro paso deuno onte o Consello da Xunta ao aprobar o proxecto de Lei da Paisaxe que inicia agora o seu trámite parlamentario. Este texto recolle, entre outras cousas, a creación dun observatorio neste ámbito, un inventario cos valores paisaxísticos de cada área, así como a obligatoriedade de facer un estudo de impacto paisaxístico de todos os proxectos que estén suxeitos á declaración de impacto ambiental, incluídas industrias e obras públicas.