Curros Enríquez, xunto con Eduardo Pondal e Rosalía de Castro son os tres piares claves do noso rexurdimento literario aseguraba Ánxela Bugallo no acto de presentación das actividades do centenario do pasamento de Manuel Curros Enríquez. Unha iniciativa que botou a andar o pasado 5 de abril coa celebración dun cortexo cívico e do que hoxe se presentaron unha exposición titulada Curros Enríquez, Nación, liberdade e progreso (que se inaugurará o día 25 de abril na Coruña), un recital poético-musical, un concerto, unha representación teatral, un documental e unha unidade didáctica para difundir o pensamento do poeta. Todas estes actos terán lugar na Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra, os cinco concellos implicados nesta actividade de homenaxe.