O xénero documental ten unha cita estes días en Madrid. Ata o domingo desenvólvese unha nova edición de Documenta, unha actividade na que están tres longametraxes e outras tantas curtas galegas. Fronteiras de Rubén Pardiñas, Barreiros, motor humano de Marco Besas e Profesor Tejero de Lois Patiño fan parte do apartado de longas mentras que O desencontro de Miguel Abad, Pó de estrelas de Alber Pagán están incluídos no dos pequenos formatos. Ademais, entre as actividades paralelas previstas pola organización destaca Periféricos de Tamara Blanco Insua, Xosé A. F. Holgado e Carlos Mendez.