Continental estréase na animación este venres con A crise carnívora. Produción que, ademais, ten o mérito de ser a primeira longametraxe feita en flash. A película conta as aventuras dun grupo de depredadores cando a hiena Crevel decide rachar co pacto vexetariano. A versión en galego, que se poderá ver en Santiago, A Coruña, Lugo e Vigo, conta coas voces de "Os Tonechos" e de Manuel Manquiña, Antonio Durán Morris, Xosé Manuel Piñeiro e Xosé Luis Bernal Farruco, entre outros.