Percorremos con Marcos Calveiro a Compostela da súa novela Festina Lente

Viaxes literarias

Santiago, século XVII. Un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Este é o escenario no que se desenvolve Festina Lente, a primeira novela de Marcos S. Calveiro que conta as controversias entre arquitectos e urbanitas na construción da Compostela que percorremos hoxe. Iso sí, unha novela histórica mesturada con intrigas, asasinatos e un códice prohibido.