A cultura plántalle cara á crise e presenta a segunda edición do Cultur.gal, a gran feira da creación galega. Un escaparate no que as empresas da edición, a música, o audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxÃas e os servizos culturais darán a coñecer os seus produtos e servizos tanto para profesionais como para a cidadanÃa. Do 4 ao 7 de decembro poderanse comprar os os produtos culturais galegos (libros, discos, vÃdeosÂ…) asà como asistir a mais dun cento de actividades entre proxeccións cinematográficas, presentacións, xornadas e obradoiros. Entre elas destaca tanto o Music.gal, espectáculo que terá lugar o dÃa 6 de decembro e mestura no mesmo escenario música, poesÃa, arte e teatro; como o inicio da nova xira do XabarÃn Club.