
Foi coñecido polas músicas que compuxo para as pelÃculas de José Luis Garci (principalmente
O avó ou
Canción de berce, pola que foi candidato aos Goya). Pero non foron as únicas.
Martes de Carnaval,
O baile das ánimas,
Divertimento ou
Ilegal son algunhas mostras do seu traballo. Manuel Balboa (A Coruña, 1958- 2004) foi un dos músicos máis significativos da súa xeración, compositor de bandas sonoras e finou en pleno proceso creativo. Agora, a Academia Galega do Audiovisual recolleu parte dese traballo no disco que abre o proxecto
As músicas da Academia, do que escolmamos unha serie de pezas.