Imaxes, descricións e localizacións de hórreos distribuÃdos por todo o paÃs están dispoñibles desde a pasada semana no web horreosdegalicia.com. A proposta, que xorde de dous afeccionados a estas construcións, Beatriz de la Torre e Fernando RodrÃguez, recolle un traballo que comezou hai quince anos e que se desenvolveu de xeito sistemático no último lustro. Os autores aseguran ter xa preto de 2.000 hórreos catalogados en todo o paÃs. Ademais de fichas, o web explica as diferentes partes destes depósitos e as súas variedades.