
A vida de Avilés de Taramancos a través de máis dun cento de fotografÃas acompañadas de versións musicadas dos seus poemas e da voz do propio autor a recitar. Esta é a nova proposta que fai a discográfica Ouvirmos coa súa
FotobiografÃa Sonora de Avilés de Taramancos. No proxecto contan coa colaboración de Ana RomanÃ, encargada de analizar os poemas que recita o autor, e de Rodrigo RomanÃ, que musica textos de Avilés e guÃa a súa escoita. MartÃn Veiga é o responsable dos textos que percorren a vida do poeta de Noia.
Boa parte dos cortes desta produción xa se podÃan escoitar no CD
Homenaxe a Antón Avilés de. Taramancos. As nosas voces, editado polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura en 2003.