O museo Verbum de Vigo presentou onte a súa programación de verán, unha completa proposta na que se inclúe música, audiovisuais e banda deseñada. Neste último apartado, unha comicteca con servizo de préstamo estará dispoñible para os usuarios ao longo de todo o verán. Ademais, entre o 15 de xullo e o 30 de agosto poderá verse a mostra Dez anos BD que recompila o traballo dunha trintena de creadores do noso país da última década.