¿Quen non quere ir co circo do paraugas?

Teatro del Andamio representa o texto gañador do premio Manuel María de dramaturxia infantil 2008

Teatro del Andamio leva a escea o texto de Teresa González Costa, gañadora do Manuel María no 2008
Teatro del Andamio leva a escea o texto de Teresa González Costa, gañadora do Manuel María no 2008
Ao castelo Grisallo, cheo de tarteiras para recoller as pingueiras, chega a “Compañía do Paraugas”. O circo, que viaxou por todo o mundo e que está pasando horas baixas, transforma coa súa presenza a monotonía do castelo en alegría e cor. É entón cando a raíña Otilia, “aburrida do seu aburrimento”, deberá decidir o seu futuro. Así o conta Álvaro Guevara, director de Teatro del Andamio, que pon en marcha Pinqueiras e Tarteiras, o texto de Teresa González Costa que foi premio Manuel María de dramaturxia infantil 2008.