Gústanme as salchichas, non me gustan as acelgas

Títeres Trompicallo aproveita os celos infantís para contar unha historia para grandes e pequenos

"Violeta Coletas contra as salchichas gulp" conta as aventuras dunha nena que se sinte desprazada polo nacemento do seu irmán
A Violeta non lle gusta estudar, as acelgas…e o seu irmán que acaba de nacer. Por iso, Violeta rebélase e enfádase e dedica o seu tempo a ver a tele e comer salchichas, que é o que máis lle gusta no mundo. Un día, Violeta bótase a soñar e comezan a sucederlle unha serie de aventuras moi divertidas. Todas elas podense ver na aposta de Trompicallo, Violeta coletas contra as salchichas Gulp, que conta con títeres de mesa, de variñas… unha mestura de marionetas que se moven de xeito diferente para contar a historia dunha nena que se sente desprazada polo nacemento do seu irmán.