
Os antroidos en Laza ou VerÃn; as rapas das bestas en Valga, Mougás ou Sabucedo; a festa da auga en VilagarcÃa, a do monte en Santa Tegra, a do Cocido de LalÃnÂ… polos obxectivos de Cristina GarcÃa Rodero pasaron boa parte das tradicións culturais de Galicia, asà como unha forma moi particular de entender a relixión, a vida e morte “Impresionoume moito a relación tan natural que hai en Galicia coa morte, que só vin noutra zona do mundo, en Xeorxia” apuntou a artista nun percorrido pola mostra. Asistiu, nas súas continuas viaxes, á transformación fÃsica e espiritual de Galicia. “Fun testemuña de cómo algúns pobos recuperaron as súas propias máscaras de entroido” afirmou ao tempo que lle soprendeu como mudaron as estradas e a liberación sexual dos galegos.
A exposición, enmarcada dentro das actividades organizadas polo Xacobeo, conta cun catálogo no que participan o escritor Manuel Rivas, Rosa MartÃnez e Miguel von Hafe, (comisario desta exposición xunto con MarÃa José Luengo). A mostra, situada no primeiro andar do CGAC, abre ao público desde mañá xoves ata o vindeiro 13 de febreiro.