
O arqueólogo Ángel Concheiro foi responsable dalgunhas operacións de consolidación do Castro de Baroña pero, mercé a un encargo da Dirección Xeral de Patrimonio, elaborou un informe que analiza a situación actual de conservación deste sitio arqueolóxico da Idade do Ferro, como paso previo ás decisións de intervención sobre el. No informe, Concheiro localizou seis puntos críticos en diferentes áreas do recinto, derivados do forte tráfico de visitantes e da acción do vento, a choiva e o mar. El mesmo nolos explica no vídeo e na visita virtual que podes ver.
Visita virtualmente con Ángel Concheiro o castro de Baroña en Google Earth

Desenvolvemos un novo formato. Descargándose este ficheiro, e abríndoo en Google Earth no teu PC, poderás percorrer con Ángel Concheiro os puntos críticos de Baroña. Para iso, debes despregar a carpeta e facer doble click na película chamada "Puntos críticos no Castro de Baroña".
Descarga o ficheiro para Google Earth