A coñecida editora estadounidense Image saca mañá á venda neste país The Tattered Man, primeiro traballo nesta firma do vigués Norberto Fernández. A historia, con guión de Jimmy Palmiotti e Justin Gray narra a historia dun espírito de vinganza que se reencarna no Nova York moderno desde os campos de concentración da Alemaña Nazi. A obra de corenta páxinas que sae publicada a toda cor, chega ás librarías cun prezo 3,99 dólares.