O terceiro volume de Le Manoir des murmures verá a luz en agosto

A editora española Planeta de Agostini renuncia a publicar un volume integral da serie

9/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
18 lecturas | Compartido 0 veces

Ilustración da serie Le manoir des murmures

A piques de sair para imprenta, e se non hai impedimentos, o terceiro e último volume da serie Le Manoir des murmures, con debuxo do pontevedrés Tirso Cons e cor do coruñés Javi Montes, publicarase a finais de agosto en Francia. Precisamente acaba de se anunciar unha segunda edición do volume anterior, que iguala así ao primeiro tomo en número de lanzamentos. No entanto, non todo son boas novas, xa que Planeta de Agostini cancelou a anunciada edición dun tomo integral da serie en castelán. O proxecto queda agora aberto para que outras firmas negocien con Humanoïdes Associés, responsables da edición francesa.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Lugares