
No caso de Cantigas e Agarimos representarán Lela, un novo achegamento ao personaxe de Castelao e homenaxea a todos os que participaron en Os vellos non deben de namorarse. O Fiadeiro, pola súa banda, achega unha nova versión do espectáculo Esta noite hai unha fía, no que se achegan aos oficios tradicionais do país. Finalmente, Xacarandaina estrea Galicien Amerika Linie un espectáculo arredor da emigración no que inclúen fotografías, vídeos e gravacións sonoras procedentes dos arquivos do Consello da Cultura Galega, do Centro Galego de Artes da Imaxe e da propia agrupación.
O programa comezou xa o pasado 30 de decembro con Lela en Xinzo de Limia. Cantigas e Agarimos continuará a súa xira na Estrada (28 de xaneiro) e en Palas de Rei (24 de marzo). Pola súa banda, O Fiadeiro leva Esta noite hai unha fía a Tui (11 de febreiro), Arzúa (4 de marzo) e Padrón (22 de xullo), mentres Xacarandaina actuará con Galicien Amerika Linie en Vilalba (10 de marzo), Narón (14 de abril) e Melide (19 de maio).