A edición da obra completa de Carlos Casares en formato dixital é un dos xeitos no que a editorial Galaxia quere conmemorar os dez anos da morte do que fora o seu director. Canda a isto, creará un blog específico no que irán aparecendo, cada quince días e ata fin de ano, artigos encol do escritor. Tamén se publicará unha biografía a cargo de Rafael Laso, con abondoso material fotográfico e entrevistas sobre o autor. Un número especial da revista Grial a final do ano completan as homenaxes previstas, que se integran co lema Dez anos con Carlos Casares