Capa da edición francesa de Marcopola
Xerais continúa coa súa aposta na banda deseñada. Logo de anunciar a adaptación a novena arte de
Cartas de inverno de AgustÃn Fernández Paz, a editora tirará este outono o primeiro volume
Marcopola, a illa remeira, obra de Jacobo Fernández que xa saÃra en castelán e francés e que terá continuidade na editora galega. A estes proxectos súmase o longamente demorado
Baixo a sombra das pedras flotantes de Kiko Da Silva e máis unha novela gráfica na que colaboran Diego Ameixeira e Abraldes. Pola súa banda, El Patito Editorial anuncia a publicación na nosa lingua do volume integral de
36-39. Malos tempos, de Carlos Giménez, tamén este outono.