Proposta de percorridos
Prohibir o acceso dos coches ao faro, crear zonas de aparcamento e implantar un servizo de microbús para os que queiran chegar a Cabo de Fisterra e fixar percorridos delimitados. Todo para preservar o valor paisaxÃstico e cultural da penÃnsula de Fisterra. Asà o establece o Plan Director redactado por César Portela, arquitecto que coñece en detalle a zona, na que xa interviu coa construción do cemiterio hai unha década. O historiador Felipe Criado e o sociólogo Marcial Gondar son algúns dos máis de vinte especialistas que redactaron e traballaron neste documento marco.
O plan director, que tivo un coste de 186.000 euros (gañador dun concurso público convocado a tal efecto), é un documento marco, que establece as directrices e prioridades de actuación nesta zona pero non ten un prazo de execución fixado. O Plan, que foi presentado onte en rolda de prensa, estima 8.210.000 euros o custe aproximado das accións que propoñen sobre a penÃnsula de Fisterra. Malia a que non ten carácter vinculante, establece as guÃas de actuación. De feito, Patrimonio está a ultimar unha serie de intervencións que seguirán as liñas fixadas neste documento que se anunciarán nos vindeiros meses.
Resumo do Plan Director do Cabo de Fisterra.