Cartel da Procesión da Santa Bolaña
Co lema Procesión da Santa Bolaña. De tazas con Roberto Vidal Bolaño varios colectivos sociais de Compostela organizan para o vindeiro sábado dia 15 de Decembro un percurso pola cidade en homenaxe ao dramaturgo. Segundo adianta a descrición da actividade, o grupo "Facendo fe de puro paganismo recorrerá as rúas de Compostela entre cánticos e ladaÃñas profanas facendo parada e via crucis en distintos bares da zona vella, onde o público asistente vai recrear, entre viño e viño, varios fragmentos da obra de Roberto".