Marica Campo na Wikipedia
A tradicional homenaxe
O escritor na súa terra que organiza anualmente a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) terá este ano a Marica Campo como protagonista. O Incio acollerá o vindeiro mes de xuño o acto de recoñecemento á poeta e autora de obras como
Tras as portas do rostro ou
Pedinche a luz prestada. A AELG recoñeceu tamén co tÃtulo
Bos e Xenerosos os autores de humor gráfico Xosé Lois
O Carrabouxo, Pepe Carreiro, XaquÃn MarÃn, Siro e Gogue pola súa traxectoria.
A entidade celebrou o pasado sábado a súa asemblea anual en Compostela, na cal tamén se acordou outorgarlle o premio ás institucións ás asociacións culturais que desenvolveron a súa actividade durante o final do franquismo, como O Galo de Compostela, O Facho de A Coruña, Auriense de Ourense, Lumiera de Carballo ou Medulio de Ferrol. No encontro tamén se acordou a incorporación de Xiana Vega e de Alicia Fernández á directiva da entidade.