A Real Academia Galega incorpora manuscritos do escritor Julio Rodríguez Yordi

Complétase o fondo documental do poeta e ensaísta

23/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadehistoriapatrimonio
27 lecturas | Compartido 0 veces
Foi poeta, ensaísta e novelista, alén e ser fillo do membro fundador e presidente da Real Academia Galega, Eladio Rodríguezz González. Julio Rodríguez Yordi (1894-1967) chegou a ser membro da RAG, primeiro como académico correspondente e posteriormente como numerario. Agora, o seu fillo Eladio fai unha doazón dun importante fondo manuscrito, que completa os escritos (éditos e inéditos, así como un retrato ao óleo de Eladio Rodríguez) que se gardan del na institución. O acto de cesión dese material terá lugar hoxe (13:00 horas) na sede da institución.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves