
Na recensión de Morgana en Esmelle en Lg3, a crítica Loréna Domínguez escribiu dela: "Begoña Caamaño constrúe nesta novela unha afirmación da muller, da memoria, da liberdade e da loita contra a opresión que non teñen cabida en ningunha paráfrase, arredadas todas da excepcionalidade que ela lles acadou. Morgana, como a Penélope navegante de Xohana Torres (e non só de Xohana Torres), coma a reescritura de tantas mulleres por tantas outras. E parece que abrimos de novo a caixa de Pandora, que outra vez mordemos a mazá de Eva, e que caen sobre nós a culpa e a loita incesantes que pesan sobre as que queren saber. Velaquí unha lectura que, se non sanda feridas, cando menos alumea esperanzas e camiños, tan necesarios en tempos de escuridade." A Editorial Galaxia lamentou na súa páxina web o pasamento de Caamaño da que non ten dúbidas ao calificar como "unha das voces máis singulares da literatura galega actual" e anuncia para os vindeiros días actos na lembranza da autora.