
Son 35 cartas que abranguen trece anos do franquismo, de 1956 a 1969, entre dous escritores que non se coñecen persoalmente pero queren poñer cousas en común. A correspondencia máis intensa dase entre 1958 e 1962. Pouco antes, en 1956, un GarcÃa Barros de 79 anos pasa pola cadea e escribe unha marabillosa carta, chea de optimismo, á "Todos os da miña casa". GarcÃa Barros ("Ken Keirades") vivirá un exilio interior. Na súa casa de Callobre dedicarase ás labores agrÃcolas, pero a través do correo segue conectado cos galeguistas do exilio e os do interior, enterándose das novidades.
Nesta correspondencia agora dixitalizada, os dous homes intercambiarán impresións sobre as novidades literarias, a cultura e Galicia. O seu encontro persoal producirae xa cando Garcia Barros ten 90 anos. Está na súa casa de Pousada (Callobre) e Ben-Cho-Shey foino visitar. Asà o contará: "Xa cumpridos os seus noventa anos funo visitar ao seu retiro estradense e atopeino coas tesouras de podar n aman limpando as árbores frutais da súa horta. Unha treboada leváralle o palleiro e fixéralle estrozos na froita. Nembargantes, conservaba o seu bo humor e o seu nunca desmentido inxenio".