
Entre os primeiros obxectivos da entidade está abordar o xeito no que se desenvolverá a feira de artes escénicas que organiza AGADIC e que se celebrará no vindeiro outono. "As dinámicas desde a administración están estancadas, non se están a buscar máis fórmulas do que deixar as morrer iniciativas como as redes", explicou Pichel. "A situación do Centro Dramático Galego e dramática e o Centro Coreográfico atópase nun abandono absoluto", completou.
As incorporacións das novas compañÃas outórganlle a Escena Galega "unha maior representatividade do sector" e recolle a variedade de problemáticas do mesmo, co que a entidade agarda constituÃrse en interlocutor fundamental coas administracións neste ámbito. A nova presidenta adiantou que teñen xa concertadas entrevistas con representantes da AGADIC e da ConsellarÃa de Cultura e sinalou o seu interese en contactar coas novas deputacións.
Chévere, Voadora, Pisando Ovos, Il Maquinario Teatro, Redrum, Inversa Teatro, A PanadarÃa, Borja Fernández, ArtesacÃa, AporÃa escénica, Funboa Escénica, Bocaberta, Lamacana e Traspediante son as compañÃas que se acaban de incorporar a esta plataforma.