
A Asociación acordou tamén outorgar os ChimpÃns de Prata Premio Pepe Puime aos veciños Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da Casa do Cid, que realiza un importante labor de apoio loxÃstico en cada edición do festival. Tamén se outorgou un destes galardóns a Xurxo Souto, que parcitipa cada ano no evento e realiza un roteiro musical pola parroquia. Os premiados recollerán os seus galardóns na Noite das Homenaxes, o vindeiro 20 de maio.
En paralelo, a organización apuntaba recentemente que se bateu a marca de curtametraxes inscritas para a vindeira edición do evento. En total foron 215 producións, un 15% de incremento con respecto ao ano pasado, distribuÃdas entre 115 curtametraxes de ficción e non ficción, 14 de animación e 86 videoclips.