O álbum, gravado nos Estudios Cormorán da Escravitude, ve a luz da man de Axóuxere Editora. Ernesto G. Torterolo asina o apartado gráfico do proxecto, con páxinas a lapis nas que retrata o baleiro do protagonista e incide na conexión coa natureza. O proxecto ten prevista unha primeira presentación na librarÃa Kómic de Santiago de Compostela o vindeiro 18 de novembro, e o concerto de presentación está previsto para o dÃa 30 na compostelá sala Riquela. Segundo informa o web do proxecto, os concertos pretenden integrar a música con debuxos ao vivo.