
A sexta edición fortalece aÃnda máis o formato do festival mantendo as súas dúas principais iniciativas para novos talentos: Cultivando Música e Cultivando Deseño. Tras do éxito da primeira edición terá lugar durante a mañá do sábado a carreira pedestre Cultivando Deporte (organizada por Nosportlimit) que une a localidade de Boimorto co recinto do festival nun percorrido único e a Carpa de Cine e Teatro onde se porán en escena monólogos e proxectaranse documentais musicais. Volverá tamén a celebrarse durante o festival o Mercado da Luz con produtos artesanais, gastronomÃa, mostras tradicionais e unha área de carácter divulgativo con case vinte propostas e empresas da provincia de A Coruña. O mercado albergará este 2017 un novo escenario acústico e intimo para bandas e artistas noveis, cun área de descanso propia para os asistentes.A entrada solidaria costa 10€ un dÃa e 15€ os dous dÃas.As entradas atópanse xa á venda, a través do servizo de venda de Instant Ticket (Atópalas aquÃ) e en puntos de venda habituais como: A Reixa Tenda (Santiago de Compostela), Viaxes Galitur (A Coruña), Viaxes Galitur (Ferrol), Discos Elepé (Vigo), Carnaby (Pontevedra), Peggy Records (Ourense) y Don Disco (Lugo).