
Formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, Bea Lema comeza a súa traxectoria profesional en 2010 traballando para a firma de cerámica Sargadelos. En 2013 crea, xunto a Xoan Torres, o proxecto Lelédacuca onde realizan obxectos que mesturan o deseño contemporáneo coa artesanÃa tradicional. Descobre o mundo da ilustración e o cómic a través da nova xeración de debuxantes galegos. A partir dese momento comeza a sentirse atraÃda por este medio, sendo a súa primeira publicación Pasado ou Futuro?, un mini libro ilustrado premiado premiado pola revista teórica de ilustración Fuera (de) Margen en 2015. Nese mesmo ano é bolseira polo Festival Internacional de Ilustración Ilustratour para participar no proxecto Ilustradanza. En 2015 tamén se publica O Diario de Raquel, ilustrado por ela (texto: Paco Climent, de. Metaforic). Recentemente foi seleccionada no II Concurso Internacional de Ilustración organizado polo festival Valladolid Ilustrado. Na actualidade é socia da cooperativa 7H, desde onde desenvolve o seu traballo en relación ao deseño de produto e a ilustración.
O xurado estivo presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn Rei e formaban parte del Emilio Fonseca, gañador da anterior edición pola obra Fóra de marxe, e os autores Xosé Tomás, Natacha Busto e Pablo Auladell que este mércores dÃa 9 decidiron a obra gañadora. Un total de catorce obras competÃan polo premio Castelao destinado a público adulto, tres máis que na pasada edición, sendo asà a convocatoria en que máis traballos se presentaron á convocatoria. O xurado decidiu deixar deserta a convocatoria destinada a público infantil. A resolución, como en anos anteriores, deuse a coñecer este mércores ao tempo que se desenvolve na Coruña o programa Viñetas desde o Atlántico, xa que boa parte do xurado participa tamén na programación do festival do cómic dirixido por Miguelanxo Prado.