
A coincidir con este evento, o día 30 o colectivo Miñoco organiza a Graphic Jam, un novo evento que se define como "un punto de encontro -ou networking- para os creadores gráficos" de diferentes disciplinas. O Centro Ágora acolle esta xornada aberta cun programa que comprende obradoiros, charlas, cunha mostra multidisciplinar, cunha zona de mesas sectoriais e un speed dating para creadores noveis. Ilustración, animación, videoxogos, edición, publicidade ou o audiovisual danse cita nesta nova proposta.