
AsÃ, da man da mesma editora verá a luz este mes de novembro na colección "MerlÃn Cómic" Xinfu na maldición guauchuky. O traballo de debut na novena arte de Adrián Morgade é unha historia de aventuras protagonizada por cadelos antropomorfos que se ven inmersos nun mundo máxico. En paralelo Rinoceronte Editora continúa a súa liña de novelas gráficas coa reedición de Maus, de Art Spiegelman, que xa vira unha versión na nosa lingua da man da mallorquina Inrevés Ediciones. Nesta ocasión, a editora presenta unha nova tradución do inglés a cargo de Estela Villar Nogueira.