
En marzo, Felipe Criado falará sobre a situación do patrimonio cultural do paÃs e das súas potencialidades, mentres en abril será a quenda de Gema MartÃn Muñoz, quen fará unha achega á actualidade do mundo árabe e musulmán. O feche desta xeira estará a cargo de Teresa Salgueiro, coñecida por ter sido a voz de Madredeus, quen falará sobre a evolución da música popular portuguesa.
Como é habitual o ciclo contará cunha sección dedicada aos máis cativos e, no campo artÃstico, integrará producións propias que inclúen unha performance de Espazo Aberto, un monólogo cómico de Carlos Meixide, un espectáculo sonoro e visual de Nenoescuro e unha actuación sorpresa como peche do ciclo de 2018.