O Concello de Vigo adiántalle ao Padroado a vindeira programación do MARCO
Artistas galegos contemporáneos, Julio Verne ou Colmeiro son algunhas das mostras previstas
30 lecturas | Compartido 0 veces
O Padroado do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) recibiu onte a proposta do Concello para a programación do espazo de cara ao vindeiro ano e medio. Segundo recollen hoxe Faro de Vigo e Atlántico Diario, a intención do consistorio é abrir o programa este mes de febreiro coa exposición Metrópole. Perspetiva urbana da arte galega, comisariada por Rubén Martínez Alonso e que recolle unha selección de traballos de diferentes autores do país coa cidade como protagonista. A esta seguirá a xa anunciada exposición da Fundación Telefónica sobre Xulio Verne.
Entre setembro e decembro presentarase Pantoque, unha interpretación do traballo nos estaleiros a cargo de Ramón Trigo, Eduardo Armada e Alfonso Armada, á que sucederá unha retrospectiva de Manuel Colmeiro artellada en base aos fondos que a familia do pintor lle cedeu ao Concello de Vigo canda aos que xa eran propiedade municipal.
Para saber máis
Ligazóns externas
MARCO
Ver serie completaUniverso culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos



