
No programa a novena adquire certo peso coa convocatoria do certame "Un conto de H.C. Andersen en banda deseñada" e a celebración dun obradoiro de creación de cómic na Biblioteca de Lugo este venres 6.
A data é tamén a do aniversario da editorial Kalandraka, que fai vinte anos da súa posta en marcha en Pontevedra como un proxecto pioneiro especializado na literatura para o público máis cativo. A firma lanzou xa máis de mil títulos neste período e recibiu unha grande cantidade de recoñecementos internacionais polo seu labor.
Pola súa banda a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) ten no seu web, para libre descarga, o novo catálogo Libros infantís e xuvenís de Galicia 2018 cunha selección das publicacións máis destacadas para este público realizadas ao longo do último ano.