
Pola súa banda, Alberto Taracido debuta como autor de novela gráfica con Mr Crabb y el Paraíso. A editora Loco Rabia publica esta historia de máis de dúascentas páxinas na que dous altos cargos do goberno británico e un empresario atópanse perdidos no medio de África.
Finalmente a Deputación da Coruña presentaba o pasado 20 de marzo a publicación de O Corpo de Cristo, a obra coa que Bea Lema se fixo co XII Premio Castelao de Banda Deseñada. A historia, baseada na experiencia persoal da autora, narra a historia dunha nena que afronta a enfermidade mental da súa nai e axúdaa a ser consciente da doenza.