
En concreto, o Salón Teatro acollerá as representacións de Gaia, de Entremans na mañá do día 11 e de Paula Quintas-trasPediante con Plastic na noite desa mesma xornada. O martes será Ensalle con Procedimientos ante el vacío quen suba ao escenario, metres Javier Martín e o seu Método negro actuarán o día 13 e Ibuprofeno Teatro amosará a súa Casa ORei o 14.
A Fundación SGAE, pola súa banda, achegará os espectáculos Bathtime de Katarsis (día 11), A galiña azul de Tanxarina e Salvador de Borja Fernández o 12, Planeta Ardora de Trompicallo e Patapum de Elefante Elegante o 13 e Soñando a Pinocho de Tartana o 13.
No Auditorio Abanca, pola súa banda, actuarán Contraproduccións con Fillos do Sol (día 11), Excéntricas con Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira (12), A Panadaría con Elisa e Marcela (13) e Elahood con La soledad de Wally.
Finalmente, o Teatro Principal acollerá cada día unha función a cargo de Talía Teatro, con O servidor de dous amos, Sarabela Teatro que representará O rei morre, La Estampida con Lo nunca visto e eme2 producións que leva a escena A Leituga.