Capa de El espÃritu del escorpión
A segunda edición dos Premios Carlos Giménez, que se entregan anualmente na Heroes Comic Con de Madrid, conta cunha importante presenza galega. AsÃ, a publicación coruñesa
Altar Mutante opta ao premio ao mellor fanzine, mentres o autor vigués Fernando Llor pode se facer o galardón ao Mellor Guionista Nacional por
El EspÃritu del Escorpión. A obra ademais, pode se facer cos premios á Mellor Portada, Mellor Entintador, Mellor Autor Revelación e Mellor Obra Nacional. O ourensán David RubÃn, pola súa banda, é candidato ao premio ao mellor colorista polo seu traballo en
Sherlock Frankenstein y la legión del mal mentres que o volume
Black Hammer 2, no que tamén participa canda a Jeff Lemire e Dean Ormston, é candidata aos premios á Mellor Guionista Internacional e Mellor Obra Internacional. O premios entregaranse esta tarde nun acto que se desenvolve no marco desta convención de banda deseñada.