
Ata que o lume se apague é un álbum composto por 13 temas gravado a camiño entre Galiza e Euskadi. Os NAO regresaron a Andoain, aos estudios Garate coma no seu disco debut, e xunto co primeiro productor da banda, Kaki Arkarazo, deron forma a dous dos cortes máis especiais deste disco: unha versión da canción Txoria Txori do cantautor eúscaro Mikel Laboa e tamén a derradeira canción que fechará o derradeiro disco. O resto do álbum decidiron gravalo co produtor dos seus anteriores tres traballos: Iago Pico, nos Estudos PouLand, en Ames. Once temas que innovan no seu caracterÃstico son e recuperan a forza dos seus comezos baixo textos contundentes e tan actuais como Franco Resurreción, Mazo armado, Alba de Groria ou a canción que lle dá tÃtulo ó disco Ata que o lume se apague. Non faltarán tampouco temas introspectivos e con moita profundidade aos que xa nos teñen afeitos: Ceder á decepción ou Náufrago a contravento serán algúns deles.
Presentacións en directo
Amós Varela, baterÃa e mánager da banda anunciou as próximas citas importantes que terá o grupo: este mesmo 22 de novembro haberá unha festa preconcerto no Avante (Compostela) con sorteo de entradas, discos e merchandising; o dÃa 1 de decembro estarán no Culturgal ás 20:30h cunha sinatura de discos previa ás 18h (Feira das Industrias Culturais en Pontevedra) e o 5 de decembro a presentación oficial do disco en directo na Sala Capitol (Compostela). A partir do 18 de xaneiro comezarán unha xira de salas que os levará por toda a xeografÃa galega e que rematará no mes de maio. De cara o verán están a concretar estes dÃas a axenda, habendo xa varios festivais confirmados. Como o grupo viña adiantando en redes sociais, tamén se anunciou a data do concerto final, que será de novo en Compostela o 7 de decembro de 2019. Despois deixarán os escenarios pero continuarán xuntos, en palabras de Jasper: "NAO non se disolve, NAO non se desfai; porque a nosa amizade, a gran familia que construÃmos cos nosos siareiros e siareiras xamais desaparecerá. O noso amor seguirá sempre vivo."