O barrio santiagués de San Pedro volverá a acoller unha nova semana de celebración e divulgación do xénero literario negro. As rúas e prazas do barrio serán o escenario, entre o venres 29 de marzo e o domingo 7 de abril, do segundo capítulo da SEMANA DA NOVELA NEGRA, unha iniciativa promovida por Libraría Pedreira e que contará cunha serie de actividades arredor deste xénero entre as que se inclúe a resolución do misterio da vaga de crimes que asola o barrio. Coa colaboración do escritor Héctor Cajaraville, creouse un misterio para resolver anticipándose aos crimes grazas a pistas colocadas en máis de trinta establecementos colaboradores que poden ser usadas desde o pasado día 14 por calquera que desexe participar. Ademais o programa deste segundo capítulo da Semana da Novela Negra inclúe coloquios, debates e presentacións, coa presenza de escritoras e escritores de prestixio na literatura galega como Manuel Rivas, Alberto Varela Ferreiro, Manuel Esteban, Bieito Iglesias, Pedro Feijóo ou Domingo Villar, entre outras.
Volven os misterios ao barrio de San Pedro coa Semana da Novela Negra
A segunda edición do evento compostelán inclúe un xogo de resolución dunha vaga de crimes
![A segunda edición do evento compostelán inclúe un xogo de resolución dunha vaga de crimes](http://www.culturagalega.org/imaxes/edicion/IISemana_negra_sanpedro.jpg)