A XVII edición do ciclo Primavera en Danza achega un ano máis a Carballo unha selección de producións recentes da arte coreográfica. Entresoños, de Fran Sieira, o 26 de abril, Pink Unicorns, de La Macana o 27 de abril; Plastic, de Paula Quintas o 3 de maio; La desnudez, de Daniel Abreu o 4 e Gaia, de Entremans o dÃa cinco compoñen o programa completo do ciclo. A maiores, como feche especial, o 12 de maio poderá verse a gala de baile tradicional coa que a agrupación coruñesa Xacarandaina celebra os seus corenta anos de historia. O Pazo da Cultura da vila acollerá as funcións deste evento.