
O que arde de Óliver Laxe, levou cunha mención especial do xurado pola súa "capacidade lÃrica para denunciar un mundo en extinción" ademais do Premio Galicia. Chicuarotes, de Gael GarcÃa Bernal obtivo tamén unha mención do xurado e Gaizka Urresti acadou o premio á mellor banda sonora por Aute retrato. O Premio do Público recaeu en La odisea de los giles, de Sebastián Borensztein e Marlén Viñayo recibiu o Premio Cima á mellor cineasta na cita ourensá.
Tamén baixou o pano este dÃa 6 o festival CurtocircuÃto. Na cita dedicada aos pequenos formatos All these creatures, de Charles Williams, fÃxose co Premio do Público, mentres The Sasha, de MarÃa Molina levou o premio Radar e ALTIPLANO, de Malena Szlam o Explora. Brandán Cerviño obtivo o Premio Galicia con En la Boca da Mina e Maddi Barber fÃxose co PenÃnsulas co seu traballo Urpean Lurra. A mellor dirección galega foi a de LucÃa Estévez en Arrolo e o mellor guión do paÃs o de Limbo, de Dani Viqueira.