
Alvarellos Editora, Hércules de Ediciones, Kalandraka Editora, BaÃa Edicións, Triqueta Verde, Bululú, Edicións do Cumio, Tulipa Editorial, Edicións Fervenza, KNS Ediciones, OQO Editora e a Editorial Galaxia son as firmas que participan do posto galego en colaboración cun programa de axudas de CEDRO, mentres Bolanda Edicións, Auga Editora, Edicións Xerais de Galicia, Toxosoutos e Edicións Embora contan con espazos á parte. Kalandraka Editora e Edicións do Cumio-Arnoia Distribuidora contan tamén con postos propios no evento.
As mesmas firmas participarán entre os vindeiros 16 e 20 de outubro na Feira Internacional do Libro de Frankfurt. A representación, coordinadas coas Asociación Galega de Editoras, achegará o catálogo Galician Books|Foreign Rights para promover a tradución de obras de autorÃa galego. O proxecto conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Xunta de Galicia.