Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Francisco Pillado Maior son os nomes cos que Espiral Maior abre a súa nova Colección Teatro. Esta liña de publicación, que nace dun convenio con Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), acollerá tanto textos de creación teatral como estudios sobre a materia. Por outra banda, La Voz de Galicia publica hoxe unha reportaxe recollendo unha tendencia que medra no noso país, o das editoras que publican textos en castelán.
Máis información sobre a nova colección de Espiral Maior en El Correo Gallego; sobre editoras que publican en castelán en La Voz de Galicia